Foxo dos Lobos: Arquitectura popular


  Foxo dos Lobos: Arquitectura popular

 O foxo de Lobos da Costa da Morte nas praias de Reira (Camariñas) é o único situado na provincia da Coruña, coa singularidade de empregar como barreira natural a liña de costa o ubicarse nas praias de Reira, fronte os demais trampas existentes en Galicia, en zonas montañosas de Lugo e Ourense.


Foxo dos Lobos (Camariñas)



É un foxo de muros converxentes, en forma de V, cun altura superior os 2 metros. No vértice dos muros atopase un pozo cunha profundidade de 2 metros onde se precipitaba o animal. 
   






Foxo de muros converxentes







Os muros acadaban unha lonxitude de ata un quilómetro, no caso do de Camariñas, o ser de pequenas dimensións, cando se realizaba a batida do lobo, incrementaban a lonxitude dos muros (neste caso o muro cara o monte xa que o outro remataba na liña da praia) coa xente collida das mans, creando un cordón humano na mesma liña do muro.





SITUACIÓN

Comentarios

Entradas populares