Edición dixital do cómic A Filla do Lobo
"Polos montes de Nemancos, unha rapaza loira viaxaba a cabalo dunha loba..."
Tomando como base a coñecida lenda da "peeira dos lobos, este relato
gráfico somérxenos na Costa da Morte medieval; concretamente na práctica
das batidas do lobo, que deixaron vestixios na actualidade, como o Foxo
dos lobos de Reira.
Arredor deste tema, mestúranse feitos históricos como a reconstrución e
posterior asalto do mosteiro de Santa María de Tosto, e as incursións
viquingas nas costas galegas.
![]() |
Comentarios
Publicar un comentario