A batida do Lobo

A batida do Lobo

Recreación da batida decembro de 2017







Ínstase aos clérigos, soldados e campesiños a que persigan aos lobos os sábados, agás Pascua e Pentecostes e que preparen os precipicios que o vulgo chama foxos

Decreto ditado polo arcebispo Xelmírez, recollido na Historia Compostelana.

O monteiro maior era o que organizaba e dirixía a batida. Os veciños das aldeas circundantes eran convocados á batida por medio fogueiras colocadas estratexicamente nos outeiros (topónimos Alto da Vela e Monte da Vela no mapa) que circundaban a chaira ou groba, ou o sitio de paso dos lobos, onde se construío o foxo. Dende o monte da vela o fume indicaba os paisanos de Brañas Verdes e Santa Mariña o inicio da batida, así mesmo dende o alto da Vela en Camariñas convocábase os veciños de Mourín e Buría. O topónimo Cova dos Lobos, indica lugares comúns ou habituais da existencia de guaridas de lobos. Lugar habitual para comezar a batida.

Mapa cos topónimos con referencia a batida do lobo
 
O monteiro maior, despois de reunida as xentes dos pobos, facía unha distribución do persoal. Un grupo disposto no foxo para prolongar as súas dimensións o ser o de Camariñas de pequenas dimensións non superando os 100 metros no seu muro maior, o outro o máis numeroso, o monteiro maior, dispoñíaos o longo do monte con paus, cos cales petaban na maleza existente, para provocar o levantamento e fuxida do animal, outros con aparellos de cociña (tapas de tarteiras ou elementos de ferro) provocaban ruído no seu bater entre ambos coa intención de espantar o animal. O importante na batida era non deixar ocos libres polo que o animal puidera fuxir. Levantado o animal íano pechando para que entrara no foxo. O pozo era tapado con xestas ou toxos para que non vira o burato existente.

Unha vez que caera na trampa rematábano a pedradas ou cun chuzo. O animal sen vida, era paseado polos pobos participantes en romaría, para que todo o mundo puidera contemplar a presa atrapada, ben portado cun pau polo medio entre dous homes, ou nun carro tirado por animais.

Animación sobre a batida do lobo 

 

Comentarios

  1. Why casinos are rigged - Hertzaman - The Herald
    In the UK, casino games are rigged and filmfileeurope.com there is evidence of fraud, https://deccasino.com/review/merit-casino/ crime or 바카라 disorder or an individual's involvement. งานออนไลน์ There are febcasino.com also many

    ResponderEliminar

Publicar un comentario

Entradas populares